Inicio Carballo ao día Hemeroteca Responsables da Xunta visitan o Fórum...

CENTRALIZARANSE NA MILAGROSA OS SERVIZOS AUTONÓMICOS

Responsables da Xunta visitan o Fórum Carballo para concretar detalles do traslado da Oficina de Emprego ao edificio

Xoves 6 de febreiro do 2014

O obxectivo do convenio é o de centralizar no Fórum Carballo todos os servizos autonómicos localizados no termo municipal, a fin de prestar un mellor e máis áxil servizo á cidadanía, e dentro do compromiso destas dúas administracións por optimizar o uso dos edificios públicos. Así, está previsto que as dependencias da Oficina de Emprego (da Consellería de Traballo e Benestar), das oficinas das consellerías de Medio Rural e Mar (Oficina Agraria Comarcal) e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (neste último caso con seis persoas do distrito ambiental II do Servizo de Conservación da Natureza) estean dispoñibles para os veciños e veciñas a partir deste ano na planta baixa e no andar 1 da nave 2 do Fórum. Segundo o acordo, o Concello fai unha cesión demanial á Xunta por vinte e cinco anos de 890 metros cadrados. Ademais, tamén se permite a utilización dos diversos espazos comúns para o desenvolvemento de diversas actividades como actos, exposicións, obradoiros, etc. O uso será de balde para a administración autonómica, que tan só deberá achegar os gastos derivados de limpeza e mantemento das instalacións, así como auga, electricidade e saneamentos. O traslado, ademais de supoñer un aforro para a administración autonómica será tamén unha vantaxe para os veciños e veciñas, que terán no mesmo edificio o servizo local de promoción do emprego -coa Bolsa de Traballo Municipal (BDT)- e a oficina autonómica da mesma área.

Compartir: