Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Premio a artigos xornalísticos...

PRAZO DE ADMISIÓN DE TRABALLOS: ATÉ O 11 DE ABRIL

O Premio a artigos xornalísticos normalizadores cumpre dez anos mantendo a arela de fomentar o prestixio do idioma

Luns 10 de febreiro do 2014

Estes medios son os seguintes: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. En edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos M. Callón ou Mariña Pérez Rei. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, xa que foron publicados e difundidos por todos os medios colaboradores cada ano. As bases completas poden consultarse nesta mesma nova. Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico <normalizador@carballo.org>.

Compartir: