Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o expediente de contratación do...

LUZ VERDE PARA AS BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO 2014

Aprobado o expediente de contratación do "Plan de mellora de camiños nas parroquias de Rus, Entrecruces, Ardaña e Berdillo"

Luns 10 de febreiro do 2014

A sesión supuxo, así mesmo, a aprobación das bases do Concurso de Entroido 2014, unhas festas que terán lugar entre o 28 de febreiro e o 8 de marzo e durante as que terá lugar a celebración do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas e do tradicional Enterro da Sardiña, repartíndose máis de 7.000 euros entre premios e axudas entre os veciños e veciñas que participen. O prazo de inscrición para o Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas (que ten lugar o domingo 2 de marzo) o prazo de inscrición está aberto entre o 13 e o 28 de febreiro para as comparsas e carrozas; e do 13 de febreiro ao 2 de marzo ás 17.00 horas no caso das categorías de grupos, parellas e individual (o día 2 a inscrición realízase na propia Praza do Concello). Para o Enterro da Sardiña (que ten lugar o martes 4 de marzo) a inscrición está aberta do 13 ao 28 de febreiro e tamén o propio 4 de marzo de 19.30 a 20.30 horas na Casa do Concello. Pode obterse máis información no 981 704 300. Seguindo cos certames, a Xunta de Goberno Local supuxo a aprobación das bases do Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores 2014, que concede un único premio de 1.000 euros. Os interesados e interesadas en obter máis información sobre este galardón, poden clicar aquí.

Fóra da orde do día, a sesión supuxo a aprobación dun Convenio de colaboración para a realización do módulo de prácticas non laborais da especialidade formativa "Promoción Turística Local e información ao visitante". Así, chégase a un acordo entre o Hotel Praia de Laxe e o Concello de Carballo para que que o alumnado da especialidade antes mencionada poida realizar prácticas non laborais de 120 horas de duración en diferentes labores de promoción na Oficina de Información Turística do Concello de Carballo. Entre os asuntos de trámite hai que mencionar a autorización de dous vaos permanentes, a baixa de un e o cambio de titularidade de dous. No apartado de licenzas recibiron luz verde dúas de apertura por actividades molestas, unha de primeira ocupación e apertura, e unha licenza de primeira ocupación, ademais doutra para a ampliación dunha granxa porcina.

Compartir: