Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para anotarse no Concurso de...

ACTIVIDADES ENTRE O 1 E O 8 DE MARZO

Aberto o prazo para anotarse no Concurso de Disfraces e no Enterro da Sardiña 2014, que reparten máis de 7.000 euros

Mércores 12 de febreiro do 2014

Co obxetivo de fomentar a participación, un ano máis volven a concederse un máximo de 20 subvencións na modalidade de Comparsas e Carrozas que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición. Por outra banda, a Concellaría de Cultura informa de que está aberto o prazo de inscrición para o Enterro da Sardiña, que se celebra o martes 4 de marzo a partir das 21.00 horas. Poden participar todos aqueles grupos de nenos e nenas e/ou adultos compostos por un mínimo de 5 persoas ataviadas coas roupas e obxectos propios dunha "comitiva fúnebre" para acompañar ao enterro da sardiña. Para inscribirse poden facelo, ao igual que no caso do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas, até o 28 de febreiro na Concellaría de Cultura de 10.00 a 14.00 horas e o día 4 de marzo (o mesmo día do Enterro da Sardiña) antes do inicio da actividade de 19.30 a 20.30 horas na Casa do Concello. Hai que mencionar que entre os premios e subvencións do Concurso de Disfraces e do Enterro da Sardiña o Concello reparte máis de 7.000 euros. Os interesados e interesadas en descargar as bases e as follas de inscrición tanto do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas como do Enterro da Sardiña, poden facelo nesta mesma nova en dous documentos en pdf.

Compartir: