Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xirriquiteula Teatro abrirá as...

CULTURA

Xirriquiteula Teatro abrirá as representacións dos Venres Culturais

Mércores 25 de xaneiro do 2006

Durante esta semana estanse a repartir na Ludoteca Municipal as invitacións para asistir á representación. Papirus conta a historia de Pap e Rus, dous descoñecidos que esconden un terrible pasado. Xuntos, con amor e sentido do humor, superarán os seus medos para construir un novo mundo. Un mundo de papel. Trátase dun espectáculo sen palabras para un público infnatil e familiar, cunha posta en escea moi cuidada na que nada é irrelevante nin superfluo.

Comisión de Festas do San Xoan

Esta tarde vaise celebrar no Pazo da Cultura unha xuntanza para constituir a Comisión de Festas San Xoan 2006, que se encargará da organización desta celebración. Co obxecto de renovar a Comisión, incorporando novos membros, convídase a todas as entidades e persoas que estén interesadas en formar parte da mesma a asistir a esta reunión, a celebrar o mércores, 25 de xaneiro, no Pazo da Cultura, a partir das 20,30 horas.

Compartir: