Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 33 traballos optan a gañar os...

XUNTANZA O SÁBADO 10 ÁS 17.30 HORAS NO PAZO DA CULTURA

Un total de 33 traballos optan a gañar os mil euros do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Venres 9 de maio do 2014

Así memso, o texto contará con difusión nos diversos medios galegos colaboradores coa iniciativa, que son os seguintes: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. O premio entregarase na Festa da Lingua o día 16 de maio, un festival con entrada libre e gratuíta que terá lugar ás 21.00 h no Pazo da Cultura, e que contará coa actuación de Os Tres Trebóns e García Mc. Nas nove edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo F. Carballido, Olga Patiño, Ana R. Barreiro, Ramón Vilar, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón ou Mariña Pérez Rei.

Compartir: