Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno aproba a resolución do...

NA MESMA SESIÓN ÁBRESE O PROCESO PARA A NOVA ADXUDICACIÓN

A Xunta de Goberno aproba a resolución do contrato da Fase I da "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo"

Luns 16 de xuño do 2014

De cumprirse todos os prazos coa máxima celeridade, o novo contrato podería estar adxudicado en arredor de tres meses dende o comezo do proceso de licitación. A urxencia á hora de realizar unha nova adxudicación vén determinada polo feito de que os traballos están cofinanciados nun 70 por cento con fondos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). Así, o prazo de xustificación que esixe a UE (Unión Europea) para conceder a subvención remata en marzo de 2015, cando a obra debería estar executada. Coa nova adxudicación do proxecto a unha nova empresa ou UTE que cumprise os prazos estimados, os técnicos calculan que o Concello non tería por que exceder a data límite estipulada para manter a subvención. Hai que lembrar, ademais, que nestes momentos está en marcha o proceso de adxudicación da Fase II da obra de "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso)" por un importe de 2.213.251,85 € (sen IVE). Aínda que a execución de cada unha das fases é independente e os traballos da Fase II poden realizarse sen problema, o obxectivo é poder rematar as dúas fases do proxecto na súa totalidade e cumprindo os prazos ditados pola UE.

Respecto doutros asuntos incluídos na orde do día da Xunta de Goberno, no apartado de convenios hai que mencionar varios acordos, dous deles relacionados co tecido comercial, empresarial e asociativo do municipio carballés. Así, recibiu luz verde un convenio entre o Concello e o Centro Comercial Aberto (CCA Carballo) para o desenvolvemento de medidas de potenciación e posterior execución de actividades para a consolidación dun centro comercial aberto na vila; e tamén se aprobou un acordo coa Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), para o desenvolvemento de medidas de dinamización empresarial, fomento da emprendeduría e consolidación de empresas. Para pechar o apartado de convenios, hai que mencionar a aprobación, fóra da orden do día, dun acordo coa Universidade da Coruña (UDC) para a celebración no Fórum Carballo do IV Curso de verán sobre turismo; ou dos convenios para o desenvolvimiento de actividades deportivas, un con Balonmán Xiria e otro con Basket Xiria. Fóra da orde do día tamén saíu adiante un convenio coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas non laborais en dependencias municipais e aprobouse unha pequena modificación técnica no convenio entre o Concello de Carballo e o Bergantiños FC.

No apartado de subvencións, aprobouse a tramitación dunha petición de axudas para a contratación de traballadores desempregados para Protección Civil, emerxencias e seguridade no Concello de Carballo. Para rematar, aprobáronse dúas licenzas de primeira ocupación e dúas de parcelación e o acordo para a ampliación do criterio de Sofán.

Compartir: