Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Volei Praia volve ao areal de Razo grazas...

COMPETICIÓNS: SEREAS E PIRATAS E TORNEO CONCELLO DE CARBALLO

O Volei Praia volve ao areal de Razo grazas ás Escolas da explanada e á emoción e foliada dos trofeos de Verán

Mércores 2 de xullo do 2014

Como cada ano, o Trofeo Concello de Carballo convértese nunha cita fundamentalmente familiar, na que participan persoas de toda Galicia que compiten en todas as categorías, dende súper mini a súper 80, aínda que este ano se espera moita emoción na categoría sénior. A foliada virá da man dun xantar cunha paella xigante. Como fin de festa, Mariño adianta que probablemente se celebre unha terceira competición, de carácter máis informal, a última fin de semana de agosto entre os xogadores que se achegan de cotío á explanada e que queren rematar o verán dunha forma lúdica. Dende a Asociación de Volei Praia Costa da Morte, Rosalino Mariño agradeceu a constante colaboración do Concello de Carballo para levar a cabo esta actividade, así como aos patrocinadores, Conservas Calvo, Coco Moda e Son Arquitectura, ademais de Teiron, Artbar e RazSurfCamp. O Alcalde de Carballo celebrou o feito de que "Razo sexa unha praia animada" e que o volei conte nela co seu propio espazo, ademais de que as escolas na explanada favorezan que esta disciplina "vaia collendo cada vez maior dimensión". Animou a todos os carballeses e carballesas a que se despracen a Razo a practicar volei praia "unha forma moi saudable de facer actividade física e gozar de Razo". Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita en pdf mesta mesma nova.

Compartir: