Inicio Carballo ao día Hemeroteca A ONG Humana recolleu preto de 26 toneladas de...

ESTE LABOR REDUCE AS EMISIÓNS DE CO2 NO MUNICIPIO

A ONG Humana recolleu preto de 26 toneladas de téxtil e calzado usado no Concello de Carballo no primeiro semestre de 2014

Venres 4 de xullo do 2014

En Galicia, Humana conta con 340 colectores para a recollida de roupa usada grazas aos acordos de colaboración establecidos con diferentes concellos, entidades e empresas privadas; o ano pasado recolléronse 2.079 toneladas de téxtil usado. No conxunto de España, a Fundación conta con 5.200 contedores que anualmente recollen ao redor de 18.000 toneladas de roupa. A reciclaxe e a reutilización de material téxtil é un servizo gratuíto para os municipios e significa un aforro importante nos gastos de recollida e eliminación de residuos urbanos. Os recursos obtidos coa xestión do téxtil usado permiten o financiamento e o desenvolvemento de programas de protección do medio ambiente en España e de cooperación nos países do Sur, nos ámbitos da educación, a agricultura e o desenvolvemento rurais, o desenvolvemento comunitario, as enerxías renovábeis ou a eficiencia enerxética, a loita contra as enfermidades contaxiosas así como a asistencia en situacións de emerxencia. Así mesmo, tamén se levan a cabo proxectos de Axuda Social nos municipios nos que a Fundación está presente, xa sexa en colaboración directa con actuacións que realiza o propio concello ou ben a través de entidades locais.

As prendas depositadas nos colectores de Humana en España teñen dous destinos: unha parte envíase ás plantas de clasificación que Humana ten en L’Ametlla del Vallès (Barcelona), Leganés (Madrid) e Valderrubio (Granada) e o resto véndese a empresas de reciclaxe. As prendas que son enviadas a algunha das tres plantas distribúense do seguinte xeito:

  • Un 13 por cento da roupa clasificada destínase ás 32 tendas de segunda man que Humana ten en España.
  • Un 50 por cento das prendas clasificadas envíase a África para a súa venda a presos baixos a comerciantes locais co fin de satisfacer a demandas destes países, impulsar a actividade económica local e xerar recursos para o desenvolvemento.
  • Ao redor dun 30 por cento atópase nun estado que non permite a súa reutilización polo que se vende a empresas de reciclaxe téxtil.
  • O 7 por cento restante destínase aos centros de tratamento de residuos porque está composta por pezas que non se poden reutilizar nin reciclar debido ao seu estado.

Compartir: