Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello xa dispón de novo rueiro

ACORDO PLENARIO

O Concello xa dispón de novo rueiro

Mércores 1 de febreiro do 2006

Os viais do Polígono Industrial de Bértoa cambianse por nomes de rúa que fan referencia a metais e materiais, como o Cobre, Titanio, Bronce, Lousa, Ferro, Prata, Estaño, Volframio, Seixo, Granito, Mercurio, Aceiro, Madeira e Zinc. Aprobáronse tamén os nomes das rúas que neste momento están sen denominación, en zonas como Mirón, A Revolta, Estación de Autobuses, Verdillo, ou As Labradas. O novo rueiro, tanto no casco urbano como no Polígono Industrial, pode verse nos Documentos Relacionados a esta nova.

Compartir: