Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carmen Dor abre o a serie de concertos ‘En...

CULTURA

Carmen Dor abre o a serie de concertos ‘En feminino’

Xoves 2 de febreiro do 2006

No ano 1997 Carmen Dolores arranca a súa andadura musical como compoñente do grupo Mugardos, fundado polo compositor Javier Mugardos, coa presentación do disco O sol que vai chegar. Logo de formar parte desta agrupación musical durante tres anos, Carmen Dolores cambia o seu nome artístico polo de Carmendores e lanza en solitario o seu primeiro traballo Oceánica, no 2001, cunha compilación de cancións de diferentes estilos e procedencias, coas que realizou a xira da SGAE por toda a península. Hoxe en día, con case dez anos de traxectoria musical, esta cantante galega volve trocar de nome artístico, facéndose chamar Carmen Dor.

Compartir: