Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 17 locais de hostalería...

SORTEARANSE DENDE ENTRADAS ATA UNHA NOITE DE HOTEL

Un total de 17 locais de hostalería participan na segunda edición da ruta gastronómica "Dálle un bocado ao FIOT"

Xoves 2 de outubro do 2014

"Dálle un bocado ao FIOT" arrinca o día 10 de outubro, coincidindo co primeiro espectáculo de sala no Pazo da Cultura a cargo de Mofa e Befa. Os establecementos que forman parte da ruta son: A Cabaña, Colón, Abastos, Ánfora, O Mexillón, A Barra, Embajador, A Bombonera, Pazo da Cultura, Valle-Inclán, Ágora, A Cova, O Pescador, Café de Maná, Ofelia, Tomasa e Cervantes. Na imaxe pode verse a xuntanza de traballo celebrada o mércores 1 de outubro entre o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e representantes dos hostaleiros.

Compartir: