Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Rúa dos Contos, o irmán rebelde do FIOT,...

ENTRE O VENRES 3 E O DOMINGO 12 DE OUTUBRO NOS BARES DE CARBALLO

A Rúa dos Contos, o irmán rebelde do FIOT, arrinca o venres 3 de outubro cumprindo 16 anos con 14 actuacións e 2 estreas

Xoves 2 de outubro do 2014

Pola súa banda, Antón Coucheiro estrea "Psicópata" o sábado 11 de outubro ás 21.00 horas, neste caso no segundo andar do Mercado Municipal e xusto antes da actuación de Quico Cadaval e Celso Sanmartín ás 22.30 horas. O prezo é único para os dous espectáculos, que custan 6 €. Coucheiro describe ao seu "psicópata" como un espectáculo moi axeitado para a Rúa dos Contos pola súa natureza "gamberra" e pola presenza do "humor negro". Traballa na proposta con Manolo Cortés de Grupo Chévere, e quixo gabar a proposta de transformar o Mercado Municipal nun auténtico teatro, un "bo traballo" que, na súa opinión, viuse reflectido o ano pasado na "Ultranoite". Coucheiro tamén mencionou que a súa compañía de improvisación "Themomento impro" son os encargados de abrir a Rúa dos Contos, o venres 3 de outubro ás 21.00 horas no Mesón A Cabaña. Para pechar a presentación, a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, quixo agradecer a colaboración e o esforzo de todas as persoas que participan na Rúa dos Contos, dos artistas por garantir "os sorrisos" do público; da organización por aglutinar a artistas de renome; e dos bares e pubs por prestarse a participar nesta iniciativa que "tamén é economía" porque lle da vida a todos os locais do programa.

Respecto dos outros nomes da XVI Rúa dos Contos, son once os establecementos colaboradores: bares A Barra e O Pescador, cervexarías Dublín e A Bombonera, pub A Reserva, mesón A Cabaña, cafeterías Valle Inclán e Colón e taberna O'Patacón; ademais do Mercado Municipal. Ademais de Rober Bodegas, Os Sete Magníficos máis Un e Antón Coucheiro hai outros nomes, algúns xa coñecidos. Do elenco máis irreverente e noctámbulo son Estephanie Llayora, os regueifeiros Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira, Cándido Pazó, o dúo Bacana, Isabel Risco, o Mago Teto, David Amor, a cantautora Palito, Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín. Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo de actividades nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: