Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura envolverase coa maxia teatral...

CON 50 NEN@S A PARTIR DAS 19.00 HORAS OS DÍAS 3 E 4 DE OUTUBRO

O Pazo da Cultura envolverase coa maxia teatral do campamento nocturno "Soño dunha noite de outono"

Venres 3 de outubro do 2014

O material necesario para pasar a noite será un saco de durmir ou roupa de abrigo, unha esterilla ou similar, utensilios de aseo básicos e un chándal ou roupa cómoda. Os participantes non poderán levar teléfonos móbiles ou dispositivos electrónicos (videoconsolas portátiles, tablets, móbiles, etc.) e de ser así, gardaránselles ata o momento de saír do campamento. Ao acabar, ademais das risas e dos bos momentos vividos, os nenos levarán consigo una camiseta do "Fiotiño", un DVD con fotos e un diploma de asistencia. O "Fiotiño" é un novidoso concepto na traxectoria do Festival carballés que reúne a parte máis lúdica e didáctica do FIOT, concibida para achegar aos máis novos ao teatro. Ademais deste campamento, dentro do programa infantil do Outono de Teatro inclúense o XVI Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís e o teatro de rúa dos días 12 e 25 de outubro (ambos ás 12.30 horas). A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do FIOT, queren sumarse así á tendencia de todos os grandes teatros do mundo que optan por ofrecer programas estables, actividades e espazos que achegan as artes escénicas aos máis cativos e cativas.

Compartir: