Inicio Carballo ao día Hemeroteca Autorizados dez novos vaos permanentes

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Autorizados dez novos vaos permanentes

Luns 6 de febreiro do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que rexerá a adxudicación de tres obras na rede de saneamento en Ardaña, Sísamo e Goiáns. As empresas interesadas poderán presentar as súas proposicións nos 26 días naturais seguintes a inserción dun anuncio no BOP, ordenada na xuntanza. As tres actuacións foron incluidas no Plan de Investimentos Locais da Deputación da Coruña. A cuantía da obra Rede de saneamento na parroquia de Ardaña sitúase en 69.979,81 euros. Cantidade similar é a destinada para a obra Rede de saneamento en Espiño e Ramil, parroquia de Sísamo, con 69.635,55 euros, mentres que para a obra Rede de saneamento en Xoane, parroquia de Goiáns, a cantidade sitúase en 87.216,85 euros. A Xunta de Goberno Local deu conta tamén do convenio de colaboración entre a Fundación Arao e o Concello de Carballo para a realización de medidas preventivas para evitar a erosión dos noiros da praia de Razo. O financiamento das obras será integramente a cargo da Fundación Arao, cun orzamento de 59.374,68 euros.

Compartir: