Inicio Carballo ao día Hemeroteca As expertas avogaron no II Foro de Mobilidade...

EDUCACIÓN VIARIA PARA NEN@S: LUNS 6 E MARTES 7 NOS COLEXIOS

As expertas avogaron no II Foro de Mobilidade pola autonomía infantil fronte á sobreprotección para formar adultos responsables

Luns 6 de outubro do 2014

"Educar non é fácil, pero todos os pais dende hai milleiros de anos fórono facendo e aquí estamos", concluíu Carme Loureiro. As claves, dende o seu punto de vista, son establecer pactos entre a parella, "falar moito cos profes" e estender eses pactos tamén a toda a comunidade, porque "a educación -dixo- é responsabilidade da tribo enteira". Na liña de levar a educación viaria á familia pero tamén á escola, o II Foro de Mobilidade e Autonomía Infantil trasládase esta semana dende o Fórum ata os colexios. O luns e o martes desenvolveranse nos CEIP Fogar e Bergantiños sendas xornadas de educación viaria. O programa námbolos casos é o seguinte:

  • 9.30 horas. Os nenos que participaron o curso pasado no camiño escolar acompañarán aos axentes da Policía Local polo entorno dos centros para facer un control dos vehículos aparcados e poñer a multa da vergoña.
  • `
  • 10.00 horas. Sesións formativas para os alumnos de 6º curso con axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e persoal da Dirección Xeral de Tráfico.

O programa completarase polas tardes cun Parque Infantil de tráfico que estará instalado na Praza do Concello. En caso de choiva buscarase un emprazamento alternativo. Os cativos e cativas xa gozaron dos kats a pedais o venres 3 de outubro na terceira xornada do II Foro de Mobilidade nas instalacións do Fórum Carballo (na imaxe).

Compartir: