Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde na Xunta de Goberno para abrir o...

APROBÁRONSE TAMÉN MELLORAS DE VÍAS EN NÉTOMA E VILARDEFRANCOS

Luz verde na Xunta de Goberno para abrir o proceso de licitación das obras de "Reurbanización da Rúa Colón"

Luns 6 de outubro do 2014

No apartado de subvencións, aprobouse a concesión de doce axudas para asociacións ou colectivos sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido dos servizos sociais por un importe total de 25.000 euros. Así mesmo, recibiu luz verde unha Subvención Carballo Activa. Trátase dunha liña de apoio directo ás empresas como medida operativa para reducir os índices de desemprego locais e comarcais. Esta subvención trata de promover activamente a inserción do alumnado do Centro Municipal de Formación que ao finalizar o seu período formativo reciba unha avaliación positiva. Neste caso a beneficiaria é unha alumna do curso de cociña, por un importe de 1.500 euros. Fóra da orde do día, adxudicouse o contrato administrativo de "Servizo de ensino para a especialidade de guitarra que se está a prestar por parte do Concello de Carballo no Conservatorio Profesional de Música" por un prezo de 46.000 euros e un prazo de dous anos, prorrogable por outros dous anos máis, previo acordo das partes. Así mesmo, no apartado de cultura, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación do programa da XXIII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). Entre os asuntos de trámite, recibiron luz verde catro licenzas de obra, unha licenza de parcelación e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: