Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os voceiros municipais mantiveron unha xuntanza...

O DÉFICIT DO SERVIZO ROLDA OS 390.000 EUROS

Os voceiros municipais mantiveron unha xuntanza no Concello para tentar chegar a un acordo sobre a Ordenanza de lixo

Martes 7 de outubro do 2014

Do mesmo xeito que por parte do goberno, o resto dos grupos expuxeron as súas propostas durante a reunión. O PP considera que non se lle debe cobrar a taxa do lixo a ningunha vivenda baleira. TEGA cre que o idóneo sería empregar un sistema similar ao de Santiago de Compostela, no que nas vivendas habitables o cobro da taxa do lixo está ligada ao consumo de auga e luz, cunha cota variable en función do nivel de consumo de auga. Por último, o PSOE mantén que habería que establecer unha cota base para todas as vivendas baleiras, e logo engadir unha cota variable en función no nivel de ocupación da vivenda, de tal xeito que as vivendas habitadas abonen unha cota completa similar á actual e as non habitadas unha cota menor. En todo caso, a xuntanza rematou sen ningún acordo firme, aínda que o goberno está aberto a seguir falando, sempre co asesoramento dos técnicos municipais e de acordo coa legalidade, para poder conseguir un consenso entre os grupos políticos municipais respecto da ordenanza.

Compartir: