Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Plan de Ecoturismo "Carballo, senda do...

ENTRE O MÉRCORES 8 E O VENRES 17 DE OUTUBRO: DE BALDE

O Plan de Ecoturismo "Carballo, senda do mar" continúa cos talleres abordando o emprendemento e o turismo mariñeiro

Mércores 8 de outubro do 2014

Xa a partir do luns 13 de outubro comeza o último bloque de talleres, neste caso destinados a afondar nas claves do turismo mariñeiro e a súa implantación en Razo-Baldaio. Son tres sesións que estarán impartidas todas elas por Cristina García, consultora turística especialista en Turismo Mariñeiro, e como no bloque anterior, todas son de 17.00 a 19.00 horas no Fórum. A primera abordará a "Conceptualización de Turismo Mariñeiro" e inclúe unha mesa redonda con profesionais do mar; a segunda trata de "Como deseñar unha actividade de Turismo Mariñeiro"; e a última, que pecha ademais a rolda de obradoiros de "Carballo, senda do mar", falará sobre "Como interpretar recursos mariñeiros e como ser unha boa guía de turismo mariñeiro". Hai que lembrar que o Plan de Ecoturismo Razo-Baldaio non consiste só nos talleres. Así, tamén supón a creación e sinalización de rutas na zona costeira empregando códigos QR, un método que se está estendendo na Costa da Morte a través dos proxectos GAC; e crearanse contidos multimedia que se porán a disposición dos visitantes a través do móbil e de páxinas web, e tamén mapas turísticos. Os interesados e interesadas poden descargar máis abaixo nesta mesma nova un documento en pdf no que se inclúen os horarios e datas dos talleres que aínda están por celebrar.

Compartir: