Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases do concurso de disfraces,...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas as bases do concurso de disfraces, comparsas e carrozas do Antroido

Luns 6 de febreiro do 2006

O Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas celebrarase o domingo, día 26 de febreiro, ás 18,00 horas na Praza do Concello. Todos os participantes formarán parte do desfile que percorrerá as rúas Coruña, Desiderio Varela, Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán e Colón, rematando na Praza do Concello. A inscripción poderá realizarse desde o 6 de febreiro ata o 24 de febreiro, na Concellaría de Cultura no Pazo da Cultura. As comparsas e carrozas farano en horario de 10,00 horas a 14,00 horas, e os grupos, parellas e individual ás 17,00 horas. Co obxectivo de fomentar a participación, subvencionarase a participación das comparsas de categoría infantil e adultos con 125 euros e as carrozas con 200 euros. Só terán garantizada esta subvención as primeiras 25 comparsas ou carrozas inscritas. Establécense tres categorías e nove modalidades, con premios que oscilan entre os 30 e os 300 euros.

Compartir: