Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicítalle á...

INSISTIUSE NA MELLORA DA SEGURIDADE NA ESTRADA DE SANTIAGO

O Concello solicítalle á Deputación provincial que retome o proxecto para acondicionar a Travesía de Sísamo

Xoves 9 de outubro do 2014

Ferrero aproveitou a xuntanza para realizar outras demandas relacionadas co viario do municipio que depende do organismo provincial. Así, pediuse a dotación de pasos elevados na estrada de Carballo a Razo en dous puntos: á altura dos accesos ao IES Parga Pondal e tamén á altura da parroquia de Oza. No primeiro caso, pola elevada intensidade de circulación de peóns a certas horas e no segundo para evitar os excesos de velocidade e mellorar a seguridade viaria. Por outra banda, xurdiu de novo a demanda para mellorar a seguridade da estrada CP-1914 entre Carballo e Santiago de Compostela á altura de Entrecruces, na contorna do lugar de Sabadín. Aínda que o organismo provincial botou unha capa de "slurry" (substancia empregada para compensar irregularidades no pavimento) e incrementou a sinalización logrando que os accidentes de tráfico nese punto non sexan tan cotiáns, o goberno local considera que se trata dunha solución provisional e que o problema persistirá a non ser que se realice unha mellora de máis calado. Por ese motivo, pediuse que se cambie o peralte e se mellore o firme. Tamén en relación con esta vía, Evencio Ferrero cre que é un "anacronismo" que a capital de Galicia estea comunicada coa capital de Bergantiños a través dunha vía provincial e pediu que se estude a posibilidade de que a CP-1914 se incorpore á Rede de estradas de Galicia e pase a depender da Xunta, un organismo con máis capacidade económica que a Deputación.

Para rematar a xuntanza, hai que lembrar que o Concello ten en marcha o proxecto para humanizar a contorna da rúa Martín Herrera e da Igrexa parroquial, unha actuación que precisa informes favorables da Deputación, e dunha comisión mixta formada por representantes da Xunta e das autoridades eclesiásticas. Nestes momentos, aínda non se conta con ningún dos dous informes e Evencio Ferrero solicitoulle a Diego Calvo que se axilice no posible aquel que lle corresponde ao organismo provincial.

Compartir: