Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT remata a súa primeira fin de semana de...

PRIMEIRA SESIÓN: XOVES 16 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

O FIOT remata a súa primeira fin de semana de sala con dous cheos absolutos no Pazo e preparando a chegada do OTNI

Luns 13 de outubro do 2014

Pablo Messiez, particular figura da última e aclamada xeración de autores e directores arxentinos, alíase coa compañía Grumelot, integrada por actores formados na compañía Nacional de Teatro Clásico, para explorar a dramaturxia española do século XVII e os seus posibles significados hoxe en día, desde unha linguaxe escénica contemporánea, creando unha obra complexa e arriscada que triunfou no último festival de Almagro. A segunda proposta do OTNI para esta fin de semana é o domingo 19 de outubro, cunha peza chegada dende Valencia da man de Panicmap e titulada "Harket (Protocolo)". É un espectáculo interdisciplinar de ciencia ficción no que a danza, teatro, humor, música, deseño e vídeo mapping interactúan na posta en escena. E tamén un proxecto transmedia que ten a súa extensión en Internet a través de blogs e redes sociais nos que o espectador pode expandir a súa experiencia. Respecto do argumento, Cristina Harket é unha moza voluntaria nun proxecto que investiga a posibilidade de sobrevivir nun búnker coa única axuda dun sistema de intelixencia artificial chamado MAP#2. Algo vai mal e o mes que tiña que estar no interior convértese en máis de dous anos. As portas do búnker continúan pechadas. A obra fala de confianza e traizón, da necesidade de vincularnos con algo aínda que non sexa humano. Este é o primeiro espectáculo desta compañía valenciana que busca a interacción entre arte e tecnoloxía na busca de novas dramaturxias, máis conectadas coa acción e interacción e coas palabras. Es proxecto está tendo moi boa acollida entre público e crítica e participando en numerosos festivais, recibiu unha nomeamento ao mellor autor revelación nos Premios Max 2014 ou gañando e gañou o Premio de Teatro BBVA 2014. Neste caso, o prezo da entrada, que tamén se pode adquirir en <www.servinova.es>, é de 4 €.

Compartir: