Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os madrileños Grumelot abren a quinta...

XOVES 16 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

Os madrileños Grumelot abren a quinta edición do Ciclo OTNI do FIOT coa arriscada produción "Los brillantes empeños"

Mércores 15 de outubro do 2014

O ciclo OTNI continúa o domingo 19 co premiado espectáculo multimedia "Harket " (4 €, +14 anos) dos valencianos Panicmap; e o xoves 23 con Macarena Recuerda Shepherd (País Vasco), que volve ao OTNI por segunda vez con "Greenwich Art Show" (4 €). O ciclo OTNI é unha sección do FIOT de Carballo que comezou timidamente en 2014, pero que xa ten o seu lugar consolidado na programación do Outono de Teatro, seducindo cada vez máis aos espectadores que se interesan e gozan con propostas diferentes, novas linguaxes escénicas, da experimentación e as dramaturxias máis contemporáneas. De feito, e proba da boa aceptación é que o OTNI xa ten un oco na limitada programación de artes escénicas non convencionais que se pode ver en Galicia. O público do FIOT asiste con curiosidade e déixase sorprender pola capacidade creativa e de innovación desta oferta que en 2014 presenta tres funcións recoñecidas por público e crítica. As entradas para as tres funcións do OTNI poden comprarse o mesmo día na billeteira do Pazo da Cultura entre as 19.30 e as 21.00 horas ou de forma anticipada en <www.servinova.es> ou no teléfono 902 504 500.

Compartir: