Inicio Carballo ao día Hemeroteca Voadora e Las Grotesqués protagonizan a terceira...

SÁBADO 25 E DOMINGO 26 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

Voadora e Las Grotesqués protagonizan a terceira fin de semana do FIOT con revisións de clásicos de Shakespeare

Venres 24 de outubro do 2014

O resultado é unha proposta moi plástica e fresca, con música e actuacións en directo, un toque importante de irreverencia, transgresión e risco. Durante dúas horas, esta adaptación conta como o próspero duque de Milán é traizoado polo seu irmán que o expulsa e abandona no mar xunto á súa pequena filla Miranda. A familia desembarca nunha illa deserta onde vivirán entre monstros e espíritos. Doce anos despois, o azar fai que os traidores naveguen preto da illa e Próspero provoca unha tempestade que arrastrará aos seus inimigos ata el. Antes do comezo da obra, Eduardo Rodríguez "Tatán" recibirá o Xograr de Outono durante un acto previo ao inicio da función. Outra adaptación dun texto de Shakespeare é a proposta para o domingo 26. A interpretación dos preto de vinte personaxes na comedia "Mucho ruido y pocas nueces" (7€, 1h15’ horas) a cargo de só as tres actrices de Las Grotesqués, que se apoian en técnicas como o clown ou a manipulación de obxectos, engade aínda máis lío a esta obra de rápidos e intelixentes diálogos e ritmo vertixinoso e acrecenta o seu humor, achegándolle tamén un punto canalla. No elenco hai que destacar a presenza de Cecilia Freijeiro. A viguesa foi candidata aos premios Valle Inclán de Teatro na súa última edición e tamén se barallou coma unha das apostas do cine español para os premios Goya polo seu papel no film "Todo es silencio", de José Luis Cuerda.

Teatro de rúa o sábado con MalabreikersOs espectadores serán os cómplices deste xogo teatral no que todos os elementos están ao servizo da historia. O estupendo traballo de humor das actrices mereceu unha mención especial no certame Almagro Off 2013. O persoal estilo da compañía andaluza Las Grotesqués, na que o humor gamberro é un signo de identidade, alíanse cunha premiada e nova directora, Sonia Sebastián, que pretende achegar os clásicos ao mundo contemporáneo. Esta adaptación de "Mucho ruido y pocas nueces" narra como o regreso da guerra de don Pedro de Aragón causa un gran rebumbio e encontros con amigos. A súa man dereita, o Conde Claudio, namorase perdidamente de Hero, pero o malvado medio irmán de don Pedro sementa a discordia e a confusión. Benedicto e Beatriz, adversarios irreconciliables completan o enredo desta grande e divertida comedia. O sábado pola mañá, a partir das 12.30h, a Praza do Concello, as rúas Coruña e Hórreo e o Mercado de Abastos acollerá o fresco e descarado espectáculo de animación teatral de Malabreikers, unha das propostas de máis longa traxectoria no circo español. Os dous protagonistas, Beto e Tornillo ofrecerán a grandes e pequenos teatro, circo e humor en doses moi precisas co obxectivo de facerlles pasar un bo momento. As entradas para as funcións de sala poden mercarse o mesmo día da representación na billeteira do Pazo da Cultura entre as 19.30 e as 21.00 horas ou de forma anticipada en <www.servinova.es> ou no 902 504 500.

Compartir: