Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita ante Sanidade que supla a...

O ALCALDE DEFENDE QUE A VILA PRECISA UN SEGUNDO SERVIZO ASISTENCIAL

O Concello solicita ante Sanidade que supla a ausencia dunha pediatra e a mellora das especialidades do Centro de Saúde

Luns 27 de outubro do 2014

Ademais da situación das especialidades e da atención primaria no Centro de Saúde carballés, durante a xuntanza, o Alcalde tamén expuxo a necesidade de que Carballo conte cun segundo Centro de Saúde, con só porque o actual ten asignadas unhas 33.000 tarxetas sanitarias individuais, ou TIS, senón tamén porque ofrece servizos de especialidades dos que se benefician pacientes de toda a comarca, cunha poboación aproximada de 70.000 habitantes. Ferrero defende que as recomendacións para un único servizo de atención primaria indican que non deben superarse os 20.000 usuarios e usuarias para ofrecer un servizo óptimo. Neste caso, dende o servizo que xestiona Francisco José Vilanova Fraga, manifestaron que, co funcionamento actual, o Centro de Saúde non está colapsado, ademais de que a responsabilidade nas decisións para dotar de novos centros asistenciais aos municipios recae en mans da Consellería de Sanidade e non da Xestión Integrada do Sergas. Esperan que coas medidas que van adoptar para mellorar a atención e reducir as listaxes de agarda, mellore tamén o servizo.

Compartir: