Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza o Obradoiro Sendas Carballo para dar a...

SENDA NOVA ORGANIZA OITO MESES DE ACTIVIDADES PARA CATIV@S

Comeza o Obradoiro Sendas Carballo para dar a coñecer aos nenos e nenas o patrimonio cultural e ecolóxico do Concello

Martes 28 de outubro do 2014

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova, a coordinadora de Sendas Carballo, Eva Cameán, quizo agradecer a todas as partes implicadas no exito deste obradoiro, dende os propios participantes e as familias, ata o Concello de Carballo -que estivo representado no comezo da actividade polo Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira-, a Deputación da Coruña e con especial mención ao labor voluntario e desinteresado das monitoras e monitores do taller. O sábado 25 de outubro, logo da presentación da iniciativa, xa tivo lugar no Pazo da Cultura a primeira das sesións de aula do Obradoiro. Os interesados e interesadas poden obter máis información no Facebook do Obradoiro Ambiental Sendas Carballo; na páxina web da Asociación Ambiental Senda Nova <www.sendanova.org>; no enderezo electrónico <sendanova@hotmail.com>; e nos números de teléfono 636 326 083 e 696 155 232. Así mesmo, é posible descargar o cartaz promocional da iniciativa en pdf nesta mesma nova.

Compartir: