Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde no pleno para as melloras en...

AS ACTUACIÓNS REALIZARANSE EN SETE PARROQUIAS DO MUNICIPIO

Luz verde no pleno para as melloras en vías e saneamentos do POS 2015 por un importe que supera os 660.000 euros

Martes 28 de outubro do 2014

Outro dos proxectos refírese á "Mellora de capa de rodaruda no lugar de Cances Grande, parroquia de Cances" por 189.765 euros. Neste caso, empregarase un firme de cemento por tratarse dun lugar de elevada incidencia patrimonia, considerado pola Xunta como "lugar galego". Trátase da actuación individual máis gravosa do POS e que se realiza porque o lugar xa conta coa dotación de servizos e unha vez mellorado o firme non habería que volver a abrir as vías para realizar novas dotacións no futuro próximo. O POS inclúe así mesmo a creación dunha "Rede de saneamento en Outeiro, parroquia de Rus" e dunha "Rede de saneamento en O Rodo, parroquia de Oza" por 107.150,16 e 87.133,59 euros, respectivamente. No primeiro caso crearíanse 819 metros lineais de novas canles e 24 pozos; mentres que no segundo serían 1.734 metros de canalizacións e 51 pozos. En total, serían máis de dous quilómetros e medio de novas tubarías para a rede de saneamento do municipio. Por último, o Plan de Obras e Servizos recolle a "Reparación dos viais secundarios na parroquia de Entrecruces" por 39.878,89 euros. Así mesmo, a proposta do pleno inclúe a aprobación dun Plan Complementario que se realizaría con cargo ás posibles baixas derivadas da contratación dos proxectos. A actuación refírese ao "Rebacheo de camiños na parroquia de Rus" por 52.557,50 euros.

No apartado de mocións, rexeitouse a proposta de TEGA para a colocación dunha pérgola nos accesos ás novas unidades de Educación Infantil da ampliación do CEIP Bergantiños da capital municipal. Nun primeiro momento suxeriuse que o asunto quedase sobre da mesa, mais finalmente a moción non saíu adiante. Nunha sesión de preto de dúas horas de duración, e no apartado de seguimento de órganos de goberno, nos rogos e preguntas, TEGA e PP volveron interesarse pola Ordenanza fiscal nº 6 reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo. Por último, hai que mencionar que durante o pleno o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo transmitirlle os seus parabéns á nova deputada carballesa no Congreso pola provincia da Coruña e concelleira da corporación polo PP, Marga Varela Lema, que pasa a substituír a Antonio Erias Reu, que presentou a súa renuncia para incorporarse á oficina do Operador do Mercado Ibérico do Gas en Madrid. O Alcalde espera que a presenza de Marga Varela no Congreso sexa beneficiosa para todos os veciños e veciñas de Carballo.

Compartir: