Inicio Carballo ao día Hemeroteca Industria tentará chegar a un acordo coa...

EN CASO DE XUÍZO, CADA PARTE RECLAMARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA

Industria tentará chegar a un acordo coa aseguradora antes de emprender a vía xudicial polos danos da balsa de Monte Neme

Mércores 29 de outubro do 2014

Por último, outro dos asuntos abordados durante a reunión foi a situación dos particulares afectados, un total de 15 entre os dous concellos, segundo apunta Luís Lamas. Así, expúxose diante dos responsables da Consellería a posibilidade de que os particulares tamén teñan a oportunidade de reclamar en caso de chegarse a xuízo. Os responsables da Xunta manifestaron que a cuestión será obxecto de estudo. En todo caso, hai que subliñar que o Concello de Carballo está en contacto cos afectados e mantivo o martes 28 de outubro unha xuntanza con preto dunha decena deles para realizar o seguimento da situación e escoitar as súas demandas. O Concello de Carballo estará en contacto coa Consellería para seguir os resultados das conversas coa aseguradora e manter tamén informados aos veciños e veciñas. Hai que lembrar que a rotura dunha das tres balsas mineiras de Monte Neme orixinou unha vertedura de máis de 24.000 metros cúbicos de auga, e deixou unha greta no talude de 10 metros de alto por catro de ancho. Máis do 70 por cento dos danos correspóndense co Concello de Malpica, no que as riadas causaron maiores desperfectos, e o restante son datos cuantificados en Razo da Costa. Os danos están cifrados en 140.758 euros e xa teñen sido abonados polos dous concellos afectados.

Compartir: