Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha ruta auto guiada dende o porto de Razo ata...

REMATA O PLAN DE ECOTURISMO PROMOVIDO POLO CONCELLO E O GAC

Unha ruta auto guiada dende o porto de Razo ata Baldaio xa permite percorrer a "Senda do Mar" de Carballo

Venres 31 de outubro do 2014

Así, tense creaco un folleto turístico nos seis idiomas do resto das ferramentas que ofrece sobre o espazo de Razo-Baldaio, un mapa de situación da ruta e cos aspectos máis importantes da franxa litoral carballesa (praias, accesos, miradoiros, elementos turísticos, etc.), e outra información práctica de interese para o viaxeiro ou o sendeirista (teléfonos e recomendacións de conservación do entorno natural). En total imprimíronse 15.000 mapas (5.000 en castelán, 5.000 en galego, 2.500 en inglés, 1.500 en francés, 500 en alemán e 500 en portugués). No marco do Plan de dinamización de ecoturismo Razo-Baldaio creouse unha rede de empresarios turísticos, cos que se traballou para mellorar o seu nivel de calidade, boas prácticas, novas oportunidades de negocio de empresas sostibles social, ambiental e economicamente, ademais de ofrecerlles formación específica no sector da hostalería e o servizo ao cliente. Definiuse un Manual de Boas Prácticas con criterios de calidade turística e ambiental para as empresas situadas no ámbito próximo de Razo-Baldaio, co obxecto de nivelar a súa calidade, fomentar o traballo en rede, conciencialos sobre a conservación e o apoio á difusión dos valores naturais do territorio do ámbito de actuación, etc.

A través de visitas de campo a todos os membros da rede e a través de sesións conxuntas implantouse o Manual de Boas Prácticas. Ademais, desenvolveuse un programa de talleres colectivos, nos que se formou aos participantes sobre diversos aspectos relacionados co espazo natural, o deseño de experiencias turísticas, a mellora nos procesos das empresas turísticas, o surf como actividade sostible diferenciadora e diversificadora do destino, etc. Leváronse a cabo tamén dous talleres de emprendemento e tres de turismo mariñeiro (na imaxe unha das actividades cunha das mariscadoras de Razo-Baldaio, María José Felípez) co obxectivo de crear un produto turístico que difunda os valores mariñeiros do destino. O Concello de Carballo seguirá a traballar nesa liña coa posta en marcha, nos vindeiros días, do proxecto "Carballo, mirando ao mar", financiado tamén polo GAC a través da convocatoria deste ano.

Compartir: