Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum ten acollido este ano preto de 100...

EN OUTUBRO AS INSTALACIÓNS ESTIVERON OCUPADAS 29 DÍAS

O Fórum ten acollido este ano preto de 100 accións formativas e informativas organizadas por máis de 50 entidades

Sábado 1 de novembro do 2014

O Fórum tense convertido, ademais, nun importante centro de dinamización económica grazas a iniciativas coma ExpoVoda, Carballo Interplay (na imaxe) ou a Feira Multisectorial da Asociación de Comerciantes do Barrio da Milagrosa. As actividades, ademais, ocupan os distintos espazos do complexo, ata o punto de que as instalacións da Escola de Hostalería son utilizadas con frecuencia para demostracións, cursos e outras iniciativas relacionadas co sector. Nos outros talleres téñense desenvolvido iniciativas coma o obradoiro de gravado dirixido por Manuel Facal, cursos de informática, comercio ou inglés; iniciación á soldadura ou pintura, entre outros. En total, 225 xornadas de formación, información e divulgación nas que teñen participado milleiros de persoas, e que se suman aos servizos públicos que teñen a súa sede no Fórum e ás actividades continuadas que se levan a cabo nas súas instalacións. O edificio acolle nestes momentos cursos ADF (Accións Formativas para Desempregados) de soldadura, instalacións eléctricas, cociña e servizos de restaurante.

Compartir: