Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e APEM únense a prol da...

A ASOCIACIÓN MELLORARÁ ALGÚNS MURAIS DE "DERRUBANDO MUROS"

O Concello e APEM únense a prol da integración e colaboran para que os membros da entidade fagan uso do Horto Infantil

Martes 11 de novembro do 2014

Ademais da actividade no Horto -coa que tamén colaboran deixando residuos para a creación de compost- está previsto, así mesmo, que as usuarias e usuarios e APEM, especialmente cando as condicións meteorolóxicas melloren, traballen para adecentar varios puntos da capital municipal nos que se teñen realizado murais da iniciativa "Derrubando muros con pintura". Así, traballarán para crear pequenos espazos verdes para obras como por exemplo a de Emi de las Heras, situada na contorna do Parque Rego da Balsa na rúa Perú e inspirada no mundo do circo. Está previsto retirar as silveiras e crear uns pequenos parterres para acondicionar este espazo e está previsto que se realicen actuacións similares noutras pinturas da capital municipal A psicóloga do centro de APEM en Carballo, Isabel Varela, quixo expresar o seu agradecemento ao Concello porque "dar visibilidade á enfermidade mental é complicado" e proxectos como o do Horto Ecolóxico, ademais de ser "integradores", "dignifican", ademais de que conseguir sacar aos usuarios e usuarias das instalacións "dá moito folgo". A monitora que supervisará o labor dos membros de APEM no Horto, Evangelina Fondo, manifestou tamén o seu recoñecemento para a administración local por un proxecto "co que todos estamos encantados". Evencio Ferrero pechou a presentación das actividades sinalando que o Horto Infantil é "unha experiencia singular en Carballo", que ten "marca propia" e que "se percibe como unha iniciativa moi motivadora para o alumnado e agora tamén para o conxunto da sociedade", nomeadamente cunha nova faciana que se pon agora en marcha "moi enriquecedora".

Compartir: