Inicio Carballo ao día Hemeroteca O recital de piano da carballesa Cristina...

VENRES 14 E SÁBADO 15 DE NOVEMBRO

O recital de piano da carballesa Cristina Rodríguez e o concerto "Sons de aquí", na fin de semana no Novembro con música

Mércores 12 de novembro do 2014

Para rematar a fin de semana, pasamos da música clásica á tradicional co concerto "Sons de aquí". Nesta ocasión as agrupacións participantes son a Banda de Gaitas Municipal de Carballo, encargada de abrir o acto, á que seguirá as Cantareiras de San Campio de Cances. Logo o Grupo de Gaiteiros de San Cristovo, e o grupo de Cantareiras Xoldreira da AC Nemeth de Carballo. Da costa chega o Grupo de Cantareiras San Martín de Razo e os integrantes da Asociación Cultural Argazo de Baldaio. Finalmente, a Asociación Lembranzas de Bergantiños de Bértoa dará pé ás formacións procedentes de Berdillo (na imaxe), tres grupos que traerán as Asociacións Culturais e Xuvenil Arume de Berdillo: Cantareiras e Cantareiros da AC Arume, a Escola de Gaitas de AC Arume e as Cantareiras Névedas da Asociación Xuvenil Arume. Esta mostra de música tradicional galega é unha das actividades máis concorridas do Novembro con Música. En primeiro lugar, pola cantidade de grupos participantes -que chama a moitos familiares e amigos- e en segundo, polo seu carácter próximo, debido ao repertorio que interpretan, xa que a música tradicional, lonxe de pasar desapercibida ou considerarse das máis socorridas por ser a nosa, segue estando en pleno auxe. A cita terá lugar o sábado 15 no Pazo da Cultura ás 21.00 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

Por último, hai que mencionar que o xoves 13 de novembro ten lugar a inauguración dunha das actividades paralelas do Novembro con Música, a mostra "Retrospectiva" da artista Antonia Villaverde Pumar. O acto de apertura da exposición é a partir das 20.30 horas na sala do andar -1 do Pazo da Cultura.

Compartir: