Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 40 alumnos e alumnas dos catro cursos AFD...

ARRINCAN COS DE RESTAURANTE E INSTALACIÓN ELECTROTÉCNICAS

Máis de 40 alumnos e alumnas dos catro cursos AFD para desempregados do Fórum comezan as súas prácticas

Xoves 13 de novembro do 2014

O alumnado principiou coas prácticas o mércores 12 de novembro nas empresas Juan Manuel Chans Paredes, Novolux Electricidade, Ifecgas Pereira, Electricidade Rafael, Sat Breogán e Suelnor. O curso comezou o 1 de agosto e remata o 5 de decembro para completar as 458 horas das que consta. Os doce alumnos e alumnas de Cociña que iniciarán as súas 80 horas de prácticas o día 19 terán os seus destinos no Restaurante Pementa Rosa, Raxería Río Sil, Mesón do Pulpo, Punta del Este, Kasa Klandestino, Casa Ofelia, Balneario de Carballo e Serunión Servicios, que xestiona comedores colectivos. O curso de Cociña é o máis longo, cun total de 848 horas lectivas nas que os participantes aprenderon a pre elaborar, preparar, presentar e conservar todo tipo de alimentos, así coma a definir ofertas gastronómicas. O último día para eles será o 11 de decembro. O día 5 tamén se despedirán os alumnos de Soldadura, pero antes, os nove que superaron o resto dos módulos farán 40 horas de prácticas en Maquinaria Agrícola Cancela, López Corte e Plegados, Metalber, Carrocera Castrosua e Fresno Metal, onde poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante as 678 horas lectivas en soldadura e proxeccións térmicas con oxigás, soldaduras mig mag e proxeccións térmicas con arco. Os cursos AFD, subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar, tamén inclúen módulos transversais sobre formación para a igualdade, inserción laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas e prevención de riscos laborais. Todas estas accións formativas levan aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade.

Compartir: