Inicio Carballo ao día Hemeroteca A nonaxenaria artista de orixe carballesa Antonia...

NO PAZO DA CULTURA ATÉ O 7 DE DECEMBRO DE 17.00 A 21.00H

A nonaxenaria artista de orixe carballesa Antonia Villaverde Pumar expón unha "Retrospectiva" dos seus óleos

Venres 14 de novembro do 2014

Durante o acto de inauguración tamén interviu a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, que realizou unha pequena descrición da traxectoria de Antonia Villaverde Pumar. Ademais de nos cadros, plasmou as suas inquedanzas artísticas pintando azulexos nunha empresa familiar que vendeu para toda España. Seguiu estudando na Escola de delineación, decoración e mestría e impartiu docencia na súa propia academia. Dona Antoñita foi, sen dúbida, unha muller adiantada ao seu tempo e con interese por seguir medrando intelectual e mediaticamente, aos seus 94 anos, xa que ten previsto comezar a venda das súas obras a través de Internet. Todas estas experiencias vense plasmadas na mostra retrospectiva da súa obra, na que teñen cabida 30 paisaxes, retratos, bodegóns e mesmo un autorretrato. E na que hai un espazo moi especial, como subliñou o seu primo, Xosé Pumar Gándara, para o Pazo do Souto, "porque o dono anterior era primo dela". O coñecido sacerdote, escritor e historiador, expresou que "oxalá puideramos chegar todos aos 94 con esa lucidez". A propia artista manifestou o seu desexo de "que deus me deixe morrer pintando". A súa interesante mostra pode visitarse do 13 de novembro ao 7 de decembro na sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura no horario habitual de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir: