Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o mes contra a violencia de...

CITAS A PARTIR DO 18 DE NOVEMBRO

Carballo conmemora o mes contra a violencia de xénero con cine, teatro, contacontos e a tradicional Feira das Asociacións

Luns 17 de novembro do 2014

Hai que mencionar que o Ciclo de Cine realízase coa colaboración da Fundación Lumiére e que despois de cada proxección está previsto celebrar un pequeno coloquio que estará guiado por profesionais para afondar nos temas abordados nas películas. Os nenos e nenas do CEIP Gándara-Sofán son os únicos que non poderán desprazarse ata o Pazo da Cultura para participar nas proxeccións, polo que contarán cunha sesión específica de contacontos na que tamén se reflexionará sobre a violencia de xénero, o propio 25 de novembro ás 10.00 horas. De forma transversal co programa do Novembro con Música 2014, os actos contra a violencia de xénero complétanse cunha función de teatro musical a cargo da compañía Grupo Chévere, que poñen en escena para o alumnado de 2º de Bacharelato o espectáculo "As fillas bravas" (na imaxe). A cita está prevista para o propio 25 de novembro ás 13.00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura. "As fillas bravas" son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento. Con esta peza, Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero é tamén realiza un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.

E por último, como xa vén sendo habitual dentro do programa, Carballo celebra unha Feira das Asociacións, neste caso o domingo 23 de novembro. A cita, que cumpre dez anos, acolle stands cunha representación das principais entidades asociativas do municipio para amosar o traballo que desenvolven a prol dos servizos sociais e da defensa dos dereitos das mulleres. Así mesmo, na sesión plenaria deste mes de novembro (prevista para o luns 24 de novembro ás 20.30 horas) inclúese na orde do día a aprobación dunha Declaración Institucional contra a violencia de xénero). O mesmo día da feira, que estará aberta durante toda a mañá, está previsto que distintas autoridades apoien este manifesto a prol da igualdade de xénero, entre eles representantes da corporación, coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, das forzas e corpos de seguridade e da Subdelegación do Goberno na Coruña. A lectura do manifesto está prevista para as 11.30 horas.

Compartir: