Inicio Carballo ao día Hemeroteca O indie rock de Fernando Viciconte e o concerto...

VENRES 21 E SÁBADO 22 DE NOVEMBRO NO PAZO DA CULTURA

O indie rock de Fernando Viciconte e o concerto na honra de Santa Cecilia: próximas citas do Novembro con música

Mércores 19 de novembro do 2014

As propostas da fin de semana continúan o sábado 22 de novembro coa Coral Polifónica de Bergantiños, encargada de festexar o día dos músicos e da música co tradicional concerto en honra a Santa Cecilia 2014. A este concerto, que tamén terá lugar no Pazo da Cultura, están convidadas, ademais da propia coral anfitrioa, a Coral Polifónica de Agarimo de Sillobre e e o Coro Xuvenil tamén de Sillobre. O Coro de Voces Brancas de Carballo, completa este programa. A cita con este concerto vocal está prevista para 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura, de balde ata completar o aforo. Hai que lembrar que o programa Novembro con Música 2014 está organizado polo Concello de Carballo en colaboración coas Agrupacións Musicais de Carballo e coa Deputación da Coruña, e un dos seus obxectivos é a promoción das actividades musicais que se desenvolven no municipio.

Compartir: