Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello recibe as bandeiras que acreditan os...

O ACTO CONTOU COA PRESENZA DE RESPONSABLES DE AENOR E LABER

O Concello recibe as bandeiras que acreditan os certificados internacionais de calidade para as súas praias: ISO 14.001 e EMAS

Xoves 20 de novembro do 2014

Así mesmo, Antón García, de Corporación Laber, explicou que a obtención das certificacións xorde a través dun proceso no que se implantan normas de calidade e no que se comproba que se cumpre a lexislación máis esixente a nivel europeo. Sinala que a obtención dos distintivos notarase tamén en caso de darse algunha situación de emerxencia, xa que o Concello conta agora cun "sistema documentado de ensaio que valida calquera emerxencia con accións correctoras e preventivas que minimicen a posibilidade de que volva a darse esa situación no futuro". García tamén quere agradecer a colaboración do persoal de Protección Civil de Carballo xa que "tivo que mudar hábitos" para validar as súas accións e "puideron demostrar con evidencias o traballo realizado nos últimos anos". Espera que estas certificacións sexan o comezo dun traballo continuo para seguir mellorando, xa que o ano que vén volverán realizarse as auditorías para comprobar que se seguen a cumprir os parámetros nun proceso constante de avaliación da calidade.

Así o expresou tamén o Concelleiro de Medio Ambiente, Marcos Trigo, que subliña que os certificados son unha forma máis de resaltar o "compromiso do Concello do medio ambiente" e a vontade de emprender un proceso de "mellora continua". Do mesmo xeito o Alcalde, Evencio Ferrero, salientou que o Concello tentou conseguir os máis elevados certificados de calidade que permite a lexislación para reflectir o compromiso da administración local coas praias do municipio. Tamén mencionou o "proceso laborioso" e o "inmenso traballo" realizado polo persoal que presta o servizo, e espera "seguir traballando día a día" a prol de obxectivos relacionados coa sostibilidade e a protección ambiental e que "haxa imitadores deste paso dado por Carballo" entre os municipios da contorna, camiñando a modelos de calidade "como o de Euskadi", un recoñecido exemplo a seguir.

Compartir: