Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Obra Social "la Caixa" colabora con...

O OBXECTIVO É AXUDAR AOS COLECTIVOS MÁIS NECESITADOS

A Obra Social "la Caixa" colabora con 45.000 euros co Concello e outras cinco entidades para atender proxectos sociais e solidarios

Venres 21 de novembro do 2014

A Obra Social "la Caixa" plasma a súa colaboración coas outras cinco entidades implicadas neste proxecto social, que traballan en áreas como a prevención da drogodependencia, a atención integral a enfermos ou contra a exclusión social, con achegas de 7.000 euros para cada unha delas. Así, no caso da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber), organizaranse talleres de estimulación físico cognitiva; a Asociación Antidroga Vieiro levará a cabo programas de prevención de drogodependencia; a sede na comarca da Asociación Pro Enfermos Mentais de A Coruña (APEM) reformará un local para desenvolver obradoiros ocupacionais e un centro de día; o Centro Social San Xoán Bautista avanzará na apertura dun piso de acollida para persoas en risco de exclusión social; e a Asociación de pais e nais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber) continuará co seu labor a prol das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, para que dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa integración como cidadáns. Don José García Gondar, en nome do Centro Social San Xoán Bautista e de todas as entidades beneficiarias das achegas, quixo expresar o agradecemento de todas elas para con "la Caixa" e asegurou que "eses 45.000 euros van obter un rendemento do cen por cen". Por último, desexou que este xesto non sexa un acto illado e "que se repita" no futuro.

O compromiso de "la Caixa" coas necesidades da sociedade na que desenvolve a súa actividade financeira e co benestar das persoas, un dos seus trazos máis definitorios dende o seu nacemento en 1904, adquire unha dimensión maior, e máis diferencial que nunca, nas actuais circunstancias. A pesar das dificultades, a entidade manterá o presuposto da súa Obra Social durante 2014 en 500 millóns de euros, a mesma cifra presupostada nos 6 anos precedentes. Neste sentido, o 67 por cento do orzamento (de 334,9 millóns de euros) destinarase ao desenvolvemento de programas sociais e asistenciais. A resposta ás problemáticas sociais mái flagrantes e a atención ás persoas máis vulnerables continúan sendo prioridades fundamentais para a entidade.

Compartir: