Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello alegará o Informe de zonas...

SEGUNDO O MAPA, NON SE PODERÍA EDIFICAR EN MÁIS DE 1.000 PARCELAS

O Concello alegará o Informe de zonas inundables de Augas de Galicia, que afecta a máis de 2.100 vivendas do casco urbano

Venres 21 de novembro do 2014

Ademais de a vivendas e parcelas tanto no casco urbano coma no medio rural, o mapa tamén afectaría a industrias tan importantes na vila como Conservas Calvo ou mesmo aos terreos da Igrexa parroquial. Por todo o anterior, o Concello presentará alegacións a este informe antes de que remate o prazo, o 9 de decembro deste ano, ante as posibles e "considerables consecuencias urbanísticas e económicas", en verbas do Alcalde, Evencio Ferrero. Hai que mencionar que este informe tamén podería ter repercusión no proceso para a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que nestes momentos está pendente de recibirse a Memoria Ambiental necesaria para aprobar o PXOM, memoria que, á súa vez, depende dun informe que debe elaborar Augas de Galicia. O organismo xa ten falado cos responsables municipais sobre o posible efecto dos datos recollidos nos Mapas de perigosidade e risco de inundacións costeiras e fluviais no informe preceptivo que deben elaborar para o Plan Xeral e que debería estar listo a primeiros do mes de decembro. En todo caso, á espera dos datos que se reflictan na Memoria Ambiental, o Concello xa ten decidido alegar.

Compartir: