Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello colabora co Centro Social San...

A PARROQUIA ESTREA UNHA VIVENDA DE ACOLLIDA CON SETE PRAZAS

O Concello colabora co Centro Social San Xoán Bautista para axudar á xente sen fogar a través do Albergue de transeúntes

Sábado 22 de novembro do 2014

Así, un local da parroquia no adro da Igrexa acollerá a partir do mes de decembro a nova vivenda de acollida que nestes momentos está situada na rúa Concepción Arenal. As novas instalacións contan con sete prazas, en principio para estadías dun máximo de tres meses, para acoller a persoas necesitadas e en risco de exclusión social. O piso conta con catro habitacións, cociña, comedor e dous baños. O acto rematou cunha visita por parte das autoridades, entre as que, ademais do Alcalde, estiveron a Concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, o líder do PP e concelleiro Miguel Ferreiro, o líder de TEGA e concelleiro, Manuel Andrade, e o deputado e concelleiro Aurelio Núñez Centeno, ao Banco de Alimentos de Cáritas, do que se benefician ata 470 familias.

Compartir: