Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os últimos días de novembro chegan con máis...

CITAS O VENRES 28, SÁBADO 29 E DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

Os últimos días de novembro chegan con máis música da man das agrupacións corais, a Banda Municipal e o teatro

Mércores 26 de novembro do 2014

Xa o domingo 30 de novembro o programa céntrase no público familiar coa estrea dun espectáculo para todos os públicos a cargo da recentemente creada compañía carballesa Animundis. O seu primeiro espectáculo, que leva por título o propio nome da compañía, é un divertido musical para todos os públicos no que a música é parte protagonista e importante desta nova proposta que se representa ese mesmo día por primeira vez. Animundis narra a conmovedora e divertida historia de Bim "o pingüín frioleiro" e Kiwi "o paxaro que non pode voar". A función está prevista para as 18.00 horas e a entrada é libre ata completar aforo. Hai que lembrar tamén que, no marco das actividades paralelas do Novembro con música, continúa aberta a exposición da artista carballesa Antonia Villaverde Pumar que leva por título "Retrospectiva", e na que podemos ver unha mostra da colección de pintura que desenvolveu ao longo dos seus 94 anos de vida. Máis información sobre a exposición, clicando aquí.

Entradas para ver o espectáculo "Kassa"Finalmente, hai que informar de que a partir do xoves 27 de novembro están a disposición do público as entradas para a presentación do espectáculo "Kassa" que a compañía Elefante Elegante estrea en Carballo o xoves 4 de decembro ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. As entradas poden recollerse de balde de 10.00 a 14.00 horas nas oficinas de Cultura (1º andar) e estarán dispoñibles para o público en xeral nun máximo de 4 entradas por persoa. O espectáculo está recomendado para maiores de 14 anos.

Compartir: