Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello expón no Fórum os mapas...

PODERÁN CONSULTARSE ATÉ O 12 DE DECEMBRO

O Concello expón no Fórum os mapas do Informe de zonas inundables de Augas de Galicia, que afecta a 2.200 vivendas

Venres 28 de novembro do 2014

Ademais de a vivendas e a parcelas tanto no casco urbano coma no medio rural, o mapa tamén afectaría a industrias tan importantes na vila como Conservas Calvo ou mesmo aos terreos da Igrexa parroquial. Por todo o anterior, o Concello presentará alegacións a este informe antes de que remate o prazo, o 9 de decembro deste ano, ante as posibles e considerables consecuencias urbanísticas e económicas que o documento podería ter, non só no proceso para a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que nestes momentos está pendente da emisión da Memoria Ambiental por parte da Xunta, senón tamén para todos os veciños e veciñas. Por ese motivo tamén abre o prazo para que a cidadanía poda consultar até o 12 de decembro plano a plano o alcance do Informe da Xunta. Así mesmo, os interesados e interesadas poden consultar en dúas ligazóns nesta mesma nova os mapas de zonas inundables que inclúe a Xunta no nodo da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, así como a documentación do Plan de Riscos de Inundacións recollido por Augas de Galicia. Ademais dos mapas e documentos, a administración local tamén pon a disposición dos veciños e veciñas a partir do xoves 4 de decembro un modelo de alegación que poden empregar quen queiran presentar reclamacións. Os interesados e interesadas tamén poden descargar o documento en Word e pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: