Inicio Carballo ao día Hemeroteca A SD Sofán únese co Concello e a SD Agolada nun...

DOAZÓNS: NO CAMPO O DOMINGO 30 E NA SEDE DE CRUZ VERMELLA

A SD Sofán únese co Concello e a SD Agolada nun partido de fútbol solidario para recoller alimentos a prol de Cruz Vermella

Venres 28 de novembro do 2014

O presidente da SD Sofán, Ricardo Serrano, quizo subliñar tamén a colaboración da SD Agolada, que realizará o domingo a súa propia achega, e desexou que esta iniciativa sirva para que nunhas datas tan sinaladas como as de Nadal, moita xente poida poñer un prato de comida na mesa. Serrano fixo unha chamada á participación dos veciños e veciñas e expresou a intención do club de seguir colaborando con Cruz Vermella con este tipo de iniciativas. Matilde Anido tamén aproveitou a ocasión para agradecer a colaboración do Sofán, unha entidade con máis de cen nenos e nenas nas súas escolas deportivas e máis de 50 na sección de maiores; e para subliñar o traballo que realiza Cruz Vermella. Así, a entidade conta cunha pequena oficina de emprego con 103 persoas inscritas das que 56 son mozos e mozas. Tamén atende a 76 familias (con 229 membros) a través do Banco de Alimentos e está recadando xoguetes -Anido subliña que as doazóns deben realizarse con xoguetes en bo estado- para que 210 nenos e nenas podan ter este Nadal o seu agasallo. Ademais, mantén un programa de ensino para maiores e para persoas inmigrantes.

O Concelleiro de Deporte Marcos Trigo, quixo felicitar tanto á SD Sofán como a Cruz Vermella por esta iniciativa solidaria, e tamén especialmente ao Sofán pola excelente tempada que está realizando o equipo. O Alcalde, Evencio Ferrero, fixo unha defensa do dereito dos cidadáns a contar cunha "alimentación digna", pero tamén cunha "vivenda e un traballo dignos", polo que subliñou a importancia de campañas como a posta en marcha pola SD Sofán e Cruz Vermella. Para Ferrero "todos temos a obriga de estar comprometidos cos demais" e espera que con este xesto "podamos trasladar a felicidade e a solidariedade a moitas familias".

Compartir: