Inicio Carballo ao día Hemeroteca Solicitadas axudas por 265.000€ para o arranxo de...

CONCEDIDAS SUBVENCIÓNS PARA ESCOLAS DEPORTIVAS POR 22.000 EUROS

Solicitadas axudas por 265.000€ para o arranxo de camiños e proxectos deportivos, culturais, de turismo e promoción económica

Luns 1 de decembro do 2014

Tamén no departamento de Cultura, solicítase ante o organismo provincial unha achega de 7.500 euros para a contratación dun monitor cultural durante o ano 2015. No apartado de deportes, a Xunta de Goberno acordou solicitar un total de catro subvencións. Unha de 15.000 euros para desenvolver o Programa anual Carballo Deporte 2015 para o desenvolvemento de Cursos de Natación e actividades físicas dirixidas; outra de 19.737 euros para a adquisición de equipamento deportivo para o Complexo Carballo Calero, en concreto para a dotación da sala fitness con maquinaria para "exercicio cardio" e para equipamento (bancadas, porterías, etc.) para a pista polideportiva; unha terceira de 3.000 euros para o desenvolvemento do Programa de exercicio físico para Maiores no rural no ano 2015; e unha cuarta de 7.500 euros para a contratación de persoal técnico deportivo para a planificación, coordinación e supervisión dos Programas Deportivos do Concello de Carballo para o ano 2015.

Concesión das axudas do Concello para Escolas DeportivasAsí mesmo, a sesión supuxo a aprobación da concesión das Subvencións do Concello para o financiamento de Escolas Deportivas de base nos centros de Educación Infantil e Primaria do municipio por un importe total de 22.728 euros. A orde do día tamén incluíu a corrección de erros para a creación dun ficheiro público para axustar á legalidade a protección de datos persoais dos usuarios e usuarias das instalacións deportivas municipais, así como a aprobación de seis licenzas de obra, unha licenza de primeira ocupación e o cambio de titularidade de nove vaos permanentes.

Compartir: