Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello demanda ante Educación a...

ESTUDARASE A UNIFICACIÓN DE HORARIOS PARA COLEXIOS E INSTITUTOS

O Concello demanda ante Educación a mellora do peche do CEIP Nétoma-Razo e máis especialistas para o CEIP Bergantiños

Martes 2 de decembro do 2014

Outro dos asuntos abordados durante a xuntanza foi a posibilidade de unificar os horarios de todos os centros de Educación Infantil e Primaria do municipio para que conten con xornada única. Nestes momentos teñen xornada mixta os CEIP Bergantiños, Nétoma-Razo e Gándara-Sofán pero está previsto facer un estudo de acordo co transporte escolar para ver as posibilidades de que todos os centros teñan a opción de contar con xornada única. Do mesmo xeito, realizarase unha análise da situación dos Institutos de Educación Secundaria (IES) para poder unificar os seus horarios de tarde. Por outra banda, a xuntanza tamén serviu para realizar peticións respecto da Escola Oficial de Idiomas e do Conservatorio Profesional de Música. No primeiro caso, a demanda centrouse na necesidade de que a Escola sexa un centro independente e non estea adscrito á Escola Oficial de Idiomas da Coruña, especialmente dado o elevado número de alumnos e alumnas cos que conta; no segundo, solicitouse que o Conservatorio poda contar co mesmo sistema informático que todos os demais conservatorios de Galicia, xa que o sistema actual dificulta as xestións administrativas e do alumnado do centro. Neste caso, dende Educación manifestaron a súa intención de falar co departamento de Ensinanzas Especiais para solucionar o problema informático.

Compartir: