Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo promociona os seus recursos de interese...

EN PONTEVEDRA ENTRE O VENRES 5 E O DOMINGO 7 DE DECEMBRO

Carballo promociona os seus recursos de interese e as súas actividades turísticas e de ocio en Culturgal

Mércores 3 de decembro do 2014

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta a través da cal o sector da cultura amosa a súa forza de conxunto e na que se produce un rico diálogo e intercambio de ideas. Ofrece unha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, nun escaparate excepcional. Pero ademais, Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia e para remarcar o valor social e económico desa acción cultural. A feira pretende estimular a confianza dos diferentes gremios na utilidade da feira, convidándoos ademais a participar activamente na programación, e a pulsar os intereses dos diversos públicos que asisten a ela. A organización de Culturgal 2014 tamén A feira apela á corresponsabilidade compartida entre todos os axentes culturais: institucións, empresas, creadores, xestores e públicos. Todos implicados de maneira activa na promoción da actividade cultural como parte fundamental do desenvolvemento social.

Na imaxe, pode verse ao actor e monologuista Carlos Blanco no stand de Carballo durante a celebración de Culturgal 2013. Nesta mesma nova é posible descargar o programa completo da feira deste ano, así como o mapa de stands, ocupando o Concello o número 30. Tamén pode descargarse o programa concreto de actividades do Concello de Carballo para estes días.

Compartir: