Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca un Concurso de Escaparatismo...

SOLICITUDES DO 5 AO 15 DE DECEMBRO NO REXISTRO DO CONCELLO

O Concello convoca un Concurso de Escaparatismo de Nadal que repartirá 1.750 euros en premios

Venres 5 de decembro do 2014

Concederanse tres premios e distribuiranse do seguinte xeito aos proxectos que obteñan unha maior puntuación segundo o ditame do xurado: primeiro premio, 1.000 euros; segundo premio, 500 euros; terceiro premio 250 euros. O xurado estará integrado polos seguintes membros: un/unha representante do Centro Comercial Aberto (CCA Carballo); un/unha representante de Axober (Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños); un/unha representante da Asociación de comerciantes, hostaleiros e profesionais do Barrio da Milagrosa; tres representantes do Concello de Carballo. Ademais, Os comercios participantes están obrigados a manter o escaparate iluminado e nas condicións que lle permitan ao xurado valoralo no seu conxunto así como manter a iluminación, cando menos, ata as 22.00 horas, entre os días 16 e 25 de decembro. Os interesados e interesadas en descargar as bases ao completo, así como os impresos de solicitude, poden facelo en dous documentos en pdf nesta mesma nova. Na imaxe da nova pode verse o escaparate gañador da edición do concurso de 2013.

Compartir: