Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta alegacións aos Mapas...

OS VECIÑOS E VECIÑAS TEÑEN PRESENTADO 84 RECLAMACIÓNS

O Concello presenta alegacións aos Mapas de zonas inundables solicitando a redución das zonas de dominio e fluxo preferente

Martes 9 de decembro do 2014

Así mesmo, nas alegacións elaboradas pola Oficina Técnica Municipal tamén se subliña que "a documentación sometida a consulta pública non incorpora a totalidade dos datos utilizados para realizar a análise hidrolóxica-hidráulica", como poden ser os caudais, o que dificulta a valoración por parte dos técnicos de se as conclusións achegadas por Augas de Galicia son acertadas ou non, xa que "non se pode comprobar se é correcta a definición das zonas de fluxo preferente, de incidencia fundamental en materia urbanística, económica e social". En xeral, as reclamacións sinalan "diversos erros, imprecicións e deficiencias" que "poñen de manifesto a necesidade de revisar e actualizar os mapas elaborados e a súa corrección a través do contraste con datos e elementos físicos existentes no terreo". Por último, tamén hai que mencionar que o Concello ten solicitado o venres 5 de decembro diante da Xunta que se amplíe o prazo de exposición pública dos mapas para facilitar que os veciños e veciñas tamén teñan a oportunidade de presentar as súas propias alegacións. Polo de agora non se recibiu notificación algunha ao respecto, mais o martes 9 de decembro ás 14.00h, último día de prazo oficial, os veciños e veciñas tiñan presentado un total de 84 alegacións, sen contar a do Concello e aquelas que cheguen por correo nos próximos días.

Compartir: