Inicio Carballo ao día Hemeroteca A campaña "Xoga Limpo este...

INICIATIVA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO E CRUZ VERMELLA

A campaña "Xoga Limpo este Nadal!" une solidariedade e reciclaxe para non deixar a ningún neno sen xoguete estas festas

Mércores 10 de decembro do 2014

Matilde Anido, presidenta da Asemblea Local de Cruz Vermella en Carballo, quixo subliñar que o ano pasado un total de 203 nenos e nenas se beneficiaron da campaña de recollida de xoguetes e quixo agradecer aos voluntarios e voluntarias a súa colaboración á hora de seleccionar e empaquetar os agasallos. Así mesmo, pediu que as doazóns non sexan de "xoguetes vellos ou sucios" porque "os nenos teñen a súa dignidade" e "o que non queremos para os nosos fillos e fillas non debemos darllo aos dos demais". Os interesados en realizar doazóns só teñen que achegarse á sede de Cruz Vermella, situada na rúa Vázquez de Parga, nº 119, nas antigas vivendas dos mestres, de luns a xoves en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas, e os sábados de 9.00 a 14.00 horas antes do 23 de decembro. Así mesmo, as familias que desexen ser beneficiarias do programa poden tamén presentar as súas solicitudes na sede de Cruz Vermella. Evencio Ferrero rematou a presentación da iniciativa resaltando que "os nenos e nenas teñen uns dereitos e tamén dereito á felicidade", polo que espera "que a xente sexa solidaria e que Carballo tamén o sexa", ademais de que a veciñanza colabore coa conservación do medio ambiente achegando os xoguetes vellos ao Punto Limpo. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da iniciativa en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: