Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Conservatorio e o Concello poñen en marcha por...

INSCRICIÓNS ENTRE O 11 E O 19 DE DECEMBRO NO PAZO DA CULTURA

O Conservatorio e o Concello poñen en marcha por terceiro ano consecutivo o curso de iniciación "Música e movemento"

Mércores 10 de decembro do 2014

Só se admitirá a aquel alumnado interesado nos seguintes instrumentos: Viola, Violoncello, Contrabaixo, Tuba, Trompa, Bombardino, Friscorno, Percusión, Trompeta e Clarinete. Ademais, este curso será tido en conta á hora de facer a preinscrición no Conservatorio para o curso 2015-2016. A presentación desta actividade realizarase o 8 de xaneiro de 2015 ás 19.00 horas na Sala de Conxunto Instrumental do Conservatorio e o seu comezo está programado para o xoves 15 de xaneiro en horario de 18.15 a 19.00horas, para o primeiro grupo, e de 19.15 a 20.00 horas para o segundo grupo. As clases serán todos os xoves ata o remate do curso escolar no mes de xuño. Para a realización dos trámites de inscrición ou obter máis información, os interesados e interesadas deberán dirixirse ao 1º andar do Pazo da Cultura (Oficinas de Cultura-Conservatorio), ou ben chamar por teléfono ao 981 704 300.

Compartir: